O Entroido é por definición a festa máis subversiva do ano. Unha festa na que os costumes se relaxan, os roles se inverten e un pode rir de todo.
O Entroido galego (tamén chamado Antroido o Introido, entre outras denominacións), é ademais unha celebración de longa tradición popular, sobre todo na provincia de Ourense. E hoxe goza de moi boa saúde, aínda que algúns ritos e peculiaridades xa se perderon e outros estean en proceso de recuperación.
Que comece a festa!
Descargas...
- Entroido en Galicia / Documento pdf
- Entroido Gastronómico en Galicia / Documento pdf
- Establecementos participantes no Entroido Gastronómico / Documento pdf
- Programas dos Entroidos de Interese Turistico / Documento pdf
Non hai que esquecer que Galicia foi unha das poucas rexións de España que continuou celebrando o carnaval a pesar da prohibición. Hoxe a importancia do Entroido é tal que oito carnavais galegos exhiben con orgullo a cualificación oficial de "Festa de Interese Turístico". E máis de 175 municipios de Galicia declararon festivo o Luns ou Martes de Entroido ou o Mércores de Cinza. Unha celebración por todo o alto á que calquera se pode unir.