Os concellos que integran este xeodestino son: A Arnoia, Amoeiro, Avión, Beade, Beariz, Boborás, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Coles, Cortegada, Leiro, Maside, Melón, O Carballiño, O Irixo, Piñor, Pontedeva, Punxín, Ribadavia, San Amaro, San Cristovo de Cea, Toén e Vilama
Situada no corazón da provincia de Ourense, O Ribeiro é terra de fértiles vales sucada por numerosos ríos como o Miño, o Arnoia ou o Avia. O Ribeiro é sinónimo de viño, e xa na Idade Media os monxes del mosteiro de San Clodio de Leiro facíano chegar á mesas señoriais de España e Portugal. De feito a D.O. Ribeiro é a máis antiga de Galicia e unha das primeiras recoñecidas en España.