Estes son os concellos que integran o xeodestino: A Estrada, Agolada, Dozón, Forcarei, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces.
Este é o corazón de Galicia. E aquí, no máis profundo dun fermoso bosque de piñeiros, carballos e castañeiros escóndese a Fervenza do Toxa, un fabulosa e hipnótico cadoiro de máis de 30 m de altura. A auga cae entre rochas con tanta forza que ao chocar contra o granito volve a subir, dando a sensación de que "chove cara arriba". E o son da auga fúndese co dos paxaros nunha melodía.