Os concellos que compoñen este xeodestino son: Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Paderne de Allariz, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.
Allariz, a orixe da cal remóntase ao século VI, recibiu o Premio Europeo de Urbanismo pola recuperación do centro histórico e do río. Residencia real na Idade Media, aquí foi educado o mozo Alfonso X o Sabio e non é de estrañar que a beleza da contorna inspirase algunha das súas “Cantigas”.