O xeodestino Ulla-Tambre-Mandeo abarca os municipios de Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro, e Vilasantar.
O xeodestino Ulla-Tambre-Madeo é atravesado polo Camiño Francés, que pasa por Melide, Arzúa e O Pino. En Melide únese o Camiño Primitivo tras pasar por Toques. En Arzúa o Camiño del Norte xúntase cos anteriores (tras cruzar Boimorto), talvez porque ninguén quere perder as delicias do queixo Arzúa-Ulloa.