Os concellos que integran o xeodestino son: A Lama, Barro, Bueu, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Marín, Moaña, Moraña, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas e Vilaboa.
As terras da ría de Pontevedra están marcadas pola súa tradición mariñeira. Aquí ata os nomes soan a mar: Ons, Aldán, Bueu, Marín... E por suposto, Combarro, cos seus hórreos de pedra no bordo da auga. Na outra beira, ao final da ría, a Costa da Vela, cos seus cantís e, dominando o ceo e a terra, o Monte do Facho, antigo castro e santuario romano.