20 Mar 2024

CURSO PRÁCTICO NO USO DE TIK TOK (1 HORA)

Pechado

 CURSO PRÁCTICO NO USO DE TIK TOK

Para facer a túa inscrición para este curso PIQUE AQUÍ

Programa

 

Entre os obxectivos do Plan de Formación de Turismo de Galicia 2023, está o facilitarlle  ás empresas do sector turístico ferramentas que lle permitan mellorar a súa xestión e a venda dos seus productos e servizos.  Entre os temas a abordar neste plan de formación identifícanse como demandas prioritarias, a transformación dixital e a innovación como resposta ao novo paradigma do mercado turístico.

Neste momento, Tik Tok consolidouse como a rede social máis popular do momento e conseguiu atraer a atención da xeración Z, é dicir, aqueles nados despois do ano 2000.
 
Coa súa crecente popularidade, Tik Tok está a desprazar mesmo a Google como buscador de información. Algúns expertos consideran que isto se debe á evolución natural dunha sociedade centrada na imaxe. Descubrir o seu potencial para o posicionamento do teu negocio pode ser moi beneficioso.
 
Se desexas aprender a dominar esta rede social, recomendámosche realizar este curso práctico que che permita descubrir as claves da comunicación e o márketing para a túa empresa nesta plataforma.
 
Poderás conectar o teu produto con usuarios de todas as idades, desde os 13 ata os 70 anos. Aproveita esta oportunidade para mellorar a visibilidade do teu negocio!


DATAS: Curso de formación permanente dispoñible dende o 1 de setembro de 2023

Nº PRAZAS: Ilimitadas

FORMADOR: Joantxo Llantada
Licenciado en Xestión comercial e Marketing (ESIC) e Máster de Investigación operativa e Sistemas (Universidade de Valencia), conta con máis de 25 anos de experiencia en márketing de servizos e é experto en Innovación e tendencias do mercado turísticos, transformación dixital e novos modelos de negocio. Foi Director de Invat. tur - Instituto Valenciano de Tecnoloxías Turísticas, e participou no Deseño da Estratexia de Transformación Dixital do Turismo da Comunitat Valenciana entre outros proxectos para administracións públicas en materia turística. É profesor en materias de márketing, estratexia dixital e innovación en diferentes programas de escolas de negocio e Universidades como no MBA Turismo do Instituto de Empresa, Master eTourism para o CETT (Universidade de Turismo de Barcelona), Máster Internacional de Innovación da UCAM de Murcia, MBA de Turismo y Ocio da Universidade Católica de Valencia, entre outras.


DESTINATARIOS
Este curso é recomendable para calquera propietario, directivo, consultor, técnico da administración ou calquera outro profesional do sector turístico interesado en mellorar os seus coñecementos de seguridade na contorna dixital.


INSCRICIÓNS
Para facer a túa inscrición para este curso  PIQUE AQUÍ
Máis información: formacion.turismo@xunta.gal

 

Arriba