CAPELA DE SAN TIRSO

Relixioso
449
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Vicente de Leira (San Vicente)

Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 27' 11.1" N - 7º 03' 51.6" W

Descrición

Sinxela capela de planta rectangular, con estrutura de cantería na súa fronte e cachotería no resto, aínda que a día de hoxe se atopa lucida con morteiro de cemento e pintada imitando perpiaños. Ten unha sinxela espadana que aloxa unha campá.
Nas súas proximidades podemos atopar un souto no que destacan os seus castiñeiros centenarios, na aba oeste do núcleo de San Vicente, atravesado pola pista do Penedón. 

Acceso

Saímos de Vilamartín pola rúa Iryda e tomamos o desvío á dereita para Valdegodos. Continuamos ata o núcleo de Córgomo e pasado este seguimos pola estrada OU-0807 ata chegar ao núcleo de San Vicente; logo deste continuamos ata os Chelos.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!