Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: PR-G 210 RUTA DO CASTRO DE DOADE&body=Recoméndoche que leas a información PR-G 210 RUTA DO CASTRO DE DOADE extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/200526000157/pr-g-210-ruta-do-castro-de-doade?ctre=23%26tp=6
Comeza no museo etnográfico Casa do Patrón, no lugar de Codesedo, discorrendo o seu trazado a ambas as marxes do río Asneiro e o seu afluente Lebozán.
Desde Codesedo, a senda desvíase ata o xacemento prehistórico de Castro de Doade. Durante o resto do itinerario, o camiño transcorre descubrindo constantemente o rico patrimonio desta zona principalmente agraria. Así, atoparemos camiños medievais, pontes, pontellas e muíños. Entre estes últimos, destaca o muíño de Froiz pola súa factura e coidado contorna. Tamén é de resaltar a igrexa románica de San Xoán de Vilanova.
Os seus bosques de ribeira achegan frescura e goce xunto ao río Asneiro. Destacan sobre o resto da foresta os enormes castiñeiros e carballos, sendo o carballo de Soutolongo unha árbore catalogada por posuír a copa máis grande de Galicia.
CARBALLO DE SOUTOLONGO
Está recoñecido e catalogado como árbore senlleira (árbore singular) de Galicia. Estes exemplares protexidos e peculiares representan un valioso legado vivo de valor natural incalculable, considerando que se trata de individuos que subsistiron aos rigores do tempo ou que contan con particularidades especiais sobre as súas conxéneres.
Os expertos que realizaron o estudo deste carballo ( Quercus robur L.) cifran a súa idade entre os 150 e os 200 anos. O seu porte alcanza os 26 metros e a súa copa ten 22,5 x 24 metros. Está entre a ribeira do río Asneiro e unha propiedade privada que se dedica ao cultivo, preto do muíño de Espinosa.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.