IGREXA DE SAN MIGUEL DE XERMEADE

Relixioso
905

Localización

Parroquia: Xermeade (San Miguel)

Lugar: Xermeade

32898  Muíños - Ourense

Coordenadas:
41º 55' 55.9" N - 7º 58' 24.9" W

Descrición

A sobriedade construtiva é a nota dominante da arquitectura da igrexa parroquial de Xermeade. Dunha soa nave con arco de medio punto sobre pilastras, de acceso ao presbiterio, compoñen a planta e alzado do templo. A fachada presenta porta con arco de medio punto de grandes doelas, óculo e espadaña rematada por frontón. No interior destaca o retablo maior, con dúas alturas, distribuídas en tres rúas por estípites.
Arriba