Camino de Santiago
Naturaleza
Cultura y patrimonio
Mar y costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de salud
Agenda cultural
Va a pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contenido de Turismo de Galicia: CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO)&body=Te recomiendo que leas la información CAPELA MAIOR (CATEDRAL-BASÍLICA DE S.MARTIÑO) extraída del portal de Turismo de Galicia en la página https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/26572/capela-maior-catedral-basilica-de-s.martino-?ctre=31%26langId=es_ES%26tp=8
Da cabeceira orixinal, formada por varias ábsidas, só se conserva a principal. No século XVII foron derrubadas as ábsidas laterais para levar a cabo a construción do deambulatorio. A estrutura románica vese tapada pola presenza de varios retablos. O principal, o retablo maior, foi obra de Cornelis de Holanda no século XVI. Dividido en 4 corpos e cinco vans, mostra escenas da vida de María e Xesús.
Continua o retablo maior a través duns colaterais barrocos (Castro Canseco, século XVIII) que serven para mostrar o martirio dos santos Facundo e Primitivo e o de Santa Eufemia. Na parte inferior de ambos os retablos instalouse o cadeirado baixo do coro renacentista trasladado desde a nave central. Pódense atopar tamén dous sepulcros: un do cardeal Quevedo, (século XIX) e outro de abundante decoración que non se sabe a quen pertence: o sepulcro do bispo descoñecido (gótico, século XIV). O ciborio (siglo XV-XVI) levántese uns 28 m de altura. Rematan o conxunto as reixas da capela maior (Celma, século XVI) recolocadas tras o traslado do coro; a do norte reproduce as virtudes e a do sur, a crucifixión.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico y de terceros para mejorar, mediante el análisis de la navegación, el servicio ofrecido. Las cookies no se utilizan para recoger datos personales. Conozca como las utilizamos y de que manera se puede cambiar su configuración
Puede haber recursos que no están georreferenciados y, por lo tanto, no los estás visualizando.