SANTUARIO DA NOSA SEÑORA DA GUÍA

Relixioso
604

Localización

Parroquia: A Guía (Santa María)

Lugar: Outeiro da Guía

32212  Gomesende - Ourense

Coordenadas:
42º 10' 42.6" N - 8º 06' 17.4" W

Descrición

Exteriormente presenta unha fachada ocupada por unha portada decorada con pilastras clásicas, a estrutura das cales fai que poidamos falar dunha fachada-retablo. Sobre a fachada, un frontón con volutas inversas nos extremos, que se rematan con pináculos de bólas. Sobre o frontón hai un campanario en sinxela estrutura, cun primeiro corpo de dous vans onde van as campás, e rematado cun corpo onde se sitúa a cruz. As ábsidas son rectangulares, coroadas por pináculos rematados en bólas, e con ventanais cadrados que no interior están tapiadas por retablos. A cuberta é unha falsa bóveda, dividida en tres tramos asemellando canón na nave, e de lunetos na capela maior.
No seu interior destaca o retablo, que representa na súa parte central a Fuxida a Exipto.

Acceso

Ao saír de Celanova coller a estrada que vai directamente a Gomesende.
Arriba
Axúdanos a mellorar!