IGREXA PARROQUIAL DE SANTA ISABEL DA ENCIÑEIRA

Relixioso
830
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Enciñeira (Santa Isabel)

Lugar: A Enciñeira

27390  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 22' 20.0" N - 7º 12' 15.9" W

Descrición

Edificio relixioso con nave do século XVI, cruceiro e capela maior do século XVIII, con retablo no interior de estilo neoclásico. A fachada é simple e apenas se lle amosan detalles, coroada por unha espadana na que lle fai a función de campanario a igrexa. A porta da entrada esta feita a partir dun arco de medio punto. A capela maior ten a mesma anchura que a nave principal pero é máis alta e esta rematada en 4 vertentes. Capelas menores e sancristía aos lados da capela maior. A pedra utilizada para a súa construción foi o xisto e para a cuberta lousa. No interior conservase un retablo de 1861 de estilo neoclásico na capela maior e dous laterais de estilo rococó. 

Acceso

Para chegar a igrexa se debe coller a N-120 en dirección a Rúa, e en lugar de seguir a Rúa hai que desviarse cara a esquerda no cruce de Montefurado, seguir cara á Os Anguieiros en vez de meterse ao pobo seguir a estrada de fronte ata chegar a un cruce que nos indica o desvío para chegar A Enciñeira.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Estilos

Barroco
Arriba