PAZO DE VILAR DE FRANCOS

Civil
1304

Localización

Parroquia: Artes (San Xurxo)

Lugar: Vilar de Francos

15109  Carballo - A Coruña

Coordenadas:
43º 10' 52.8" N - 8º 38' 42.0" W

Descripción

As raíces do pazo de Vilar de Francos remóntanse a tempos de Carlos V, cinco séculos atrás. Construíuse ao redor dunha antiga torre defensiva, do século XVI, e está dentro dunha gran finca rodeada dunha rexa muralla con almeas. O pazo pertencía ao marqués de Atalaia, que viviu nel até os anos noventa. Cando morreu, a súa familia decidiuno vender e foi adquirido por un negocio hostaleiro. A visita, dende logo, merece a pena: un conxunto formado polo impoñente pazo, construído na súa maior parte no século XVII, coa torre de catro andares no seu centro, un fermoso xardín, a vivenda dos caseiros, un vello hórreo, un cruceiro e a capela dedicada a Santo Antón de Padua. En vida do marqués, aproveitábase a festividade de Santo Antón, o 13 de xuño, para abrir as portas do pazo á veciñanza. Xa fóra das murallas, nunha finca próxima, encontrarás o carballo de Santo Antón, que ten xa varios centos de anos, forma parte do Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Acceso

Desde el núcleo urbano de Carballo, toma la AC-413 y recorre dos kilómetros hasta el desvío a la derecha en el lugar de la feria de Berdillo hacia CP-903. Tras tres kilómetros, pasando por la Iglesia de San Xurxo de Artes y el lugar de Baltar, encontrarás el Pazo de Vilar de Francos y el roble de Santo Antón.
Arriba