PONTE DE ANCEU

Civil
1184

Localización

Parroquia: Verducido (San Martiño)

36850  A Lama - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 45.7" N - 8º 24' 56.0" W

Descrición

O Colexio de Camiños, Canles e Portos na súa publicación Pontes históricas de Galicia atribuíse a súa construción , que foi levada a cabo dende o século XVII ata o XVIII e terminouse de forma tardía.
A importancia da devandita obra, ademais da colosal construción radica en ser un nó de comunicacións coas terras do Condado, as do castelo de Soutomaior por Fornelos e o nomeado anteriormente Camiño Real.
Con posterioridade, este punto será mencionado por personaxes tan senlleiros coma o historiador Claudio Sánchez Albornoz no seu libro Estudos sobre Galicia na temperá Idade Media. Carlos Casares indica na súa guía da provincia de Pontevedra que o monumento é o máis importante do Concello de A Lama.
Texto elaborado por Martín Rubianes González. Verducido: 1735-1785. 50 anos que cambiaron a historia. A Pedreira. Revista Turística e cultural. A Lama 2017.
A ponte esta formada por cinco arcos. Consérvase a calzada e algún peitoril. Foi unha ponte moi transitada por vellos transportistas de sal, viño e outros produtos.

Acceso

A ponte está situada no límite entre os concellos de A Lama e Fornelos de Montes.
A parroquia de Verducido atópase a unha distancia de 12 km. desde o núcleo central de A Lama.
Unha vez chegados a parroquia de Verducido para ir a ponte en coche tes que camiñar aproximadamente 100m e si escolles ir en autobús aproximadamente 300m.
Arriba