IGREXA DE SAN MARTIÑO

Relixioso
593
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilariño de Conso (San Martiño)

Lugar: Vilariño de Conso

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 09' 51.9" N - 7º 10' 55.7" W

Descrición

Muros de cachotería en seco e planta rectangular co presbiterio máis elevado. Na fachada, porta de arco de medio punto de grandes doelas sobre impostas. Espadana de dous arcos xemelgos con machóns rematados por acroterios caliciformes sobre base; posúen arquitrabes nos arranques das voltas do arco. O frontón prolóngase en ángulo moi agudo e remata en cruz de pedra. No interior cómpre destacar unhas vestimentas litúrxicas do século XVII.

Acceso

A edificación está situada no fondo do núcleo urbano, a que se accede, ben dende a rúa San Martiño, rúa principal do fondo do pobo, ou dende a estrada principal dirección ao núcleo principal do pobo que enlaza coa rúa San Martiño, ao final desta rúa, servindo de vía de comunicación dende a estrada principal para chegar a igrexa e continuar dirección núcleo do pobo.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Románico
Neoclásico
Arriba