PINCHEIRA DE LOUSADA

Fervenzas
167
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lousada (San Vicente)

Pedrafita do Cebreiro - Lugo

Coordenadas:
42º 39' 42.2" N - 7º 07' 28.2" W

Descrición

En Galicia, as fervenzas teñen distintos nomes segundo o lugar onde nos atopemos: seimeiras, cahoeiras, cadoiros, ruxidoiras.... Na zona do Courel chámanse pincheiras.

A pincheira de Lousada está situada no rego da Barxa, afluente do río Lor que nace na serra do Rañadoiro. Entre Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Vilela (Folgoso do Courel) o río forma varios saltos de auga de pouca altura.

Para chegar, collemos a LU-651 que vai dende O Cebreiro ata Seoane do Courel e, despois de pasar Lousada, atoparemos a pincheira na marxe dereita da estrada.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba