IGREXA DE SANTA MARÍA DE VICESO

Relixioso
1560

Localización

Parroquia: Viceso (Santa María)

Lugar: A Igrexa

15839  Brión - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 04.9" N - 8º 44' 54.9" W

Descrición

Segundo o historiador A. López Ferreiro, por Viceso puido pasar a  vía romana denominada Per Loca Marítima do itinerario de Antonino. Tamén a esta parroquia puido pertencer un dos fundadores do mosteiro de Toxosoutos, Pedro Muñiz de Carnota.

Comézase a construción desta igrexa de planta de cruz latina en 1772. A nave central, cuberta con bóveda de canón con lunetos, deixa paso no cruceiro a bóveda de arestas apoiada sobre arcos faixóns de medio punto e pilastras de orde toscana. O máis destacado do conxunto é a fachada de corte clasicista enmarcada por dúas columnas laterais sobre a que se ergue a torre campanario, probablemente da escola do mestre de obras compostelán Simón Rodríguez. Remátase o neoclásico pano arquitectónico con pináculos laterais e un campanario. Na fornela central, imaxe da Virxe do escultor noiés Antonio Fabeiro. 
Arriba