CASA DO TELLA E ROSALIA

Restaurantes - 4ª Categoría - 1 Tenedor
601

Localización

Calle: PRAZA DO CURRO, 6 . PORTOSÍN

15999  Porto do Son - A Coruña

Coordenadas:
42º 45' 30.0" N - 8º 56' 57.3" W

Descripción

O restaurante Casa do Tella e Rosalía está situado no porto de Portosín nunha construcción de 1860 que nos seu inicio adicábase a fabrica de salazón e vivenda.

O nome da casa quere recordar aos antigos propietarios, o Tella (Manuel Lorenzo Carleos), de oficio mariñeiro, e súa dona, Rosalía Aguirre Lopéz, filla de emigrantes vascos afincados na parroquia de Goians (Portosín). Despoís do seu casamento, o Tella emigrou ao Brasil arredor dos anos 30 co fin de comprar a casa e criar a seus 13 fillos e comezar a súa andadura como armador co barco “Vamos Indo”, convertíndose nunha das naves con máis capturas da época.

Durante a estancia no Brasil, o Tella tatuouse unha áncora e un rosal na honra da súa dona que hoxe recollemos como imaxen e símbolo da nosa casa.

Na actualidade os seus netos, Juan Mendéz Lorenzo e Monse Santos Lorenzo, decidiron en sociedad abrir a casa ao público, conservando algúns dos elementos que recordan os usos e costumes do momento, como o forno da abuela, os restos das pías de salazón no xardín e a pedra á vista das paredes.

A decoración quere facer un guiño a tradición mariñeira da familia e do seu entorno.


Accesibilidad

Grado de Accesibilidad: Practicable

Documentos de accesibilidad:
Arriba
Ayúdanos a mejorar!