Este proxecto de dimensións transnacionais abrangue unha amplia área xeográfica europea xurdindo como continuación ao Loci Iacobi coa pretensión de consolidar o Camiño de Santiago como primeiro Itinerario Cultural Europeo de alto valor histórico por medio do intercambio de experiencias de investigación, promoción e dinamización turística e cultural dos territorios socios do proxecto (Le Puy, Xunta de Galicia, Namur, Vila Pouca de Aguiar, Municipalidade de Asis, Viaxes Viloria e Le Puy Hotels).

Loci Iacobi 2

O Camiño de Santiago está recoñecido na actualidade como Itinerario Cultural Europeo polo Instituto Europeo de Itinerarios Culturais e clasificado como Patrimonio Mundial da Humanidade pola UNESCO así pois, o proxecto Loci Iacobi 2 o que pretende é desenvolver as diversas rutas que compoñen os Camiños de Santiago como produto turístico e consolidalas como Itinerario Cultural Europeo a través da creación e promoción de novos contidos turísticos mediante a introdución das novas tecnoloxías da información e comunicación, destinados a varios segmentos de mercado: peregrinos tradicionais, turismo relixioso, cicloturistas e turismo de natureza así como diversos segmentos sociais: persoas con diferentes discapacidades, xubilados e xente xoven.
Un dos principais obxectivos de Loci Iacobi 2 é a posta en marcha dunha marca europea única que identifique a todas as vías europeas do Camiño de Santiago e todos os seus servizos turísticos e equipamentos para facer posible a súa comercialización como un producto turístico temático coherente e altamente competitivo a nivel europeo.
Este proxecto tamén pretende contribuir de xeito notable a unha maior implicación das Pemes e á sostibilidade das vías do Camiño de Santiago mediante o establecemento de criterios de calidade e selección para todos os socios.

As actividades que desenvolve este proxecto son:

  • Project Management: inclúe accións relacionadas coa dirección do proxecto, seguimento e coordinación das actividades dos socios mediante a organización de comités de pilotaxe así como a realización de todas as acción operativas necesarias para asegurar o éxito do proxecto.
  • Creación e implementación dunha marca europea para o Camiño de Santiago que proporcione identidade ás diferentes rutas de peregrinación no contexto dun consorcio internacional.
  • Desenvolvemento e implementación dunha plataforma electrónica para o Camiño de Santiago que actúe como ferramenta de distribución e comercialización das rutas como produto turístico temático.
  • Produción e edición das “Guías turísticas de peregrinos” consistentes nunha colección de folletos producidos para ter disponible información práctica para os turistas que escollan realizar algunha das rutas do Camiño de Santiago, tamén disponibles na páxina web para a súa descarga.
  • Proxecto Piloto: Paquete Turístico “Camino de Santiago” para a creación, comercialización e distribución de novos produtos turísticos sobre as rutas de peregrinos a través do Camiño de Santiago como produto turístico de valor engadido.
  • Encontros e seminarios de traballo conxunto e intercambio de boas prácticas: Cada socio seleccionará expertos na materia que participarán en encontros con fin de realizar intercambios profesionais e identificar as boas prácticas relacionadas co tema obxecto de cada seminario.

 

LIGAZÓNS RELACIONADAS...

Arriba