0089_TURISLAB_1_E foi aprobado polo Comité de Xestión do programa de Cooperación INTERREG VI A España Portugal (POCTEP), 2021-2027 financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

TURISLAB exponse como unha plataforma de aceleración de proxectos turísticos innovadores de alto impacto, medioambientalmente sostibles e de calidade dentro da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a través do impulso de ideas en fase semente de novos emprendedores ou compañías xa existentes, buscando a potenciación das súas capacidades organizativas e tecnolóxicas.

TURISLAB busca fortalecer o sector turístico no seu conxunto para conseguir dinamizar a actividade económica e fixar o emprego na contorna na que se desenvolve, de carácter maioritariamente rural. TURISLAB contribuirá a axudar ao ecosistema turístico á súa consolidación e o seu acceso a mercados exteriores, convertendo as esixencias do mercado en oportunidades.

TURISLAB

A Axencia Turismo de Galicia participa como xefe de fila deste proxecto que está formado polos seguintes socios:

1.    Axencia Turismo de Galicia (Beneficiario principal)
2.    Comunidade Intermunicipal do Alto Minho (CIM Alto Minho, Portugal)
3.    Cámara de Comercio, Industria, Navegación e Servizos de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa


Ligazón: https://turislab.gal/

Arriba