O 18.5.2017 Turismo de Galicia asinou un acordo para participar como beneficiaria no proxecto 0220 GERÊS XURÉS DINÁMICO-Dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés no marco da convocatoria presentada pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio como responsable do proxecto, no programa europeo INTERREG ESPAÑA VA PORTUGAL (POCTEP 2014-2020) e que está orientada á dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés.

Este proxecto, que rematará o 31.12.2019, ten como obxectivo fortalecer a entidade e identidade propia da RBTGX (Reserva de la Biosfera Transfronteriza Gerês-Xurés), mediante o fomento da participación activa dos actores do territorio, a promoción do seu desenvolvemento económico e turístico sustentable e a protección e conservación do seu patrimonio natural e cultural.

GERÊS XURÉS DINÁMICO

Os beneficiarios deste proxecto son:

  • ­    D.X. Patrimonio Natural
  • ­    Deputación de Ourense
  • ­    Axencia Turismo de Galicia
  • ­    ADERE
  • ­    Melgaço
  • ­    Ponte da Barca
  • ­    Terras de Bouro
  • ­    Montalegre
  • ­    Arcos de Valdevez
  • ­    ARDAL
  • ­    ICNF
  • ­    TPNP
  • ­    CCDRN

­   
 

 Os resultados previstos da participación neste proxecto son:

  • Mellorar  a calidade de vida da poboación local.
  • Incrementar a capacidade de atracción turística, económica e demográfica do territorio.
  • Mellorar a calidade dos servizos e produtos comercializados.
  • Incrementar a sensibilización e mellorar o coñecemento sobre a RBTGX entre a poboación local e a nivel rexional, nacional e internacional.
  • Mellorar o estado de conservación e protección do patrimonio natural e cultural.
  • Mellorar as condicións de accesibilidade, sinalización e ambientais.
  • Armonizar os instrumentos de planificación e xestión existentes

 

LIGAZÓNS RELACIONADAS...

Arriba