En marzo de 2017 Turismo de Galicia presentou a candidatura denominada THE WILDSEA ATLANTIC OCEAN HERITAGE ROUTE: A DIVE INTO ADVENTURE (WAOH ROUTE) no marco da convocatoria da EASME (Executive Agency for Small and Medium-sized Enterprises), pertencente a EMFF (European Maritime and Fisheries Fund) e orientada á promoción das pequenas e medianas empresas. En novembro de 2017 Galicia entrou a formar parte deste proxecto no que participa como socio sendo o xefe de fila Breakaway Travel, S.L (Travelecoology) en España.

Waoh-Route

O proxecto WAOH ROUTE (acrónimo de Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route), ten como obxectivo crear unha marca de recoñecemento de lugares na costa atlántica para a práctica de mergullo, kayak e outros deportes náuticos . No proxecto participaron os seguintes socios: 

  • Axencia Turismo de Galicia - España
  • Breakaway Travel S.L. (Travelecoology) – España (xefe de fila)
  • Donegal County Council (DCC) – Irlanda
  • Fórum Oceano – Associaçao da Economía do Mar (Forum Oceano) – Portugal
  • Visit Cornwall Community Interest Company (VC) – Gran Bretaña
  • Submon: Divulgació, Estudi i Conservació de l’Entorn Natural (SUBMON)- España
  • World Cetacean Alliance (WCA) – Gran Bretaña


- A vixencia deste programa foi de dezaoito meses e desenvolveuse ao longo dos anos 2018 e 2109

Arriba