Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: A TAFONA&body=Recoméndoche que leas a información A TAFONA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/160727000108/a-tafona?ctre=40000240%26langId=gl_ES%26tp=1001549
Á fronte de A Tafona dende 2009, Lucía Freitas trazou un camiño no que definiu o seu actual rumbo gastronómico, indisoluble do seu proxecto Amas da Terra, a través do cal dá visibilidade e voz ás mulleres coas que colabora.
Son as panadeiras, agricultoras, pescadoras, mariscadoras, gandeiras, artesás ou viticultoras, que sosteñen gran parte do tecido económico e social da Galicia rural. Unha iniciativa por e para elas que está previsto que conecte con outras propostas similares en lugares como Xapón, país frecuentado pola chef.
O día a día do restaurante, situado no centro de Santiago de Compostela, comeza con Freitas acudindo ao veciño mercado de abastos. Durante o seu percorrido polos diferentes postos abastécese de produtos e conversa coas mulleres que venden na praza. O seu labor é tan importante para a cociñeira, que na sala do establecemento colgan retratos destas vendedoras, outorgándolles un merecido recoñecemento ante os comensais.
Este vínculo coa tradición reflíctese tamén na análise do receitario máis popular, coa elaboración dun caldo de gloria co que homenaxea a Rosalía de Castro, no que emprega millo corvo, ou evocando a súa nenez no prato Mi felicidad, grazas a pequenos produtores lácteos como Airas Moniz.
Moi implicada coa investigación e a intermediación entre produtoras e a comunidade académica e científica, Freitas colabora coa universidade e outras institucións a través de Amas da Terra e co Centro Tecnolóxico da Carne en relación ao aproveitamento da carne de boi, á vez que traballa na recuperación de embutido tradicional.
Freitas cociña en territorio, traslada os seus valores aos pratos, que reflicten esa rede colaborativa que se completa coa formación dun equipo no restaurante integrado completamente por mulleres, que aínda hoxe custa que asuman responsabilidades no ámbito dos restaurantes gastronómicos. Poñer o foco na profesionalidade e capacidade de cada unha delas dentro da engrenaxe de A Tafona tamén forma parte deste proxecto.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.