Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: SAN SALVADOR DE LOURENZÁ&body=Recoméndoche que leas a información SAN SALVADOR DE LOURENZÁ extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23599/san-salvador-de-lourenza?ctre=33%26langId=gl_ES%26tp=8
O mosteiro foi fundado no século X por Osorio Gutiérrez, o conde santo, que logo da súa morte foi enterrado no seu templo, nun sartego de mármore paleocristián do século VI orixinario de Aquitania. O sartego pode verse na capela de Valdeflores (século XVIII) da igrexa mosteiral.
Dos primeiros séculos da historia deste cenobio consérvanse unha arca do IX e unha lauda do XII. Nesta última centuria pásase dunha congregación familiar a depender da Orde beneditina e, a principios do XVI, queda baixo a influencia de San Benito de Valladolid. No XIX, coa Desamortización, iníciase a decadencia, ata que entre 1910 e 1942 se recobra a vida monástica coa chegada de monxes dependentes de Samos. Disgregada esta comunidade, e tras un tempo como Seminario Menor Diocesano, dependente do bispado de Mondoñedo, faise cargo do edificio o Concello, que sitúa nel a súa sede.
O carácter medieval da construción pérdese coas remodelacións dos séculos XVII e XVIII. É precisamente no segundo terzo do XVIII cando se finaliza a fachada barroca da igrexa do mosteiro polo arquitecto Fernando de Casas Novoa, considerada precedente da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.
Desde os anos 60 do século XX a edificación alberga tamén un interesante Museo de Arte Sacra.
En 1974 o conxunto é declarado Monumento Histórico Artístico.
Museos e coleccións visitables
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.