DE CABO DE CRUZ Á PUNTA DO CHAZO

Paseos
2510
No Camiño de Santiago

Localización

Boiro - A Coruña

Coordenadas:
42º 36' 52.7" N - 8º 53' 13.4" W

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

O Paseo

De Cabo de Cruz á punta do Chazo

O lado máis mariñeiro de Boiro

Un roteiro con sabor a mar que en pouco máis de 3 km combina treitos de asfalto, con pasarelas de madeira, camiños empedrados e carreiros.

Dende o peirao vello de Cabo de Cruz, no que podemos observar tradicionais embarcacións pesqueiras collemos cara á praia da Ribeira Grande atravesando barrios mariñeiros cheos de cor. Antes de pasar á praia de Piñeirón podemos ver na punta un cruceiro-capela sobre as rochas, que forma parte do roteiro marítimo xacobeo. De seguido alcanzamos a praia de Carragueiros co seu cordón dunar.

No seu remate, a pena Roiba cos illotes dos Baos e Bensa, dá paso á praia da Retorta, xunto a un parque acuícola. Aquí o paseo tórnase nun sendeiro que de contado nos leva ata a punta do Chazo coa pequena capela do Carme, onde remata o percorrido.

Características

Lonxitude: 3,1 km (só ida)
Punto de Inicio:
Peirao vello de Cabo de Cruz (42°36'52.34"N / 8°53'12.97"O)
Punto de Fin:
Capela do Carme - Punta do Chazo  (42°36'26.89"N / 8°51'29.78"O)
Paseo Circular

Accesibilidade a ter en conta

Terreo abrupto

Tipo

Ollando o mar
Data de recollida inicial: 01/01/2021
Arriba