FERVENZA DE SAN ANTOLÍN DE TOQUES

Fervenzas
185
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Capela (Santa María)

Toques - A Coruña

Coordenadas:
42º 58' 41.8" N - 7º 58' 59.7" W

Descrición

Preto de Toques desviarémonos pola estrada DP-8002, desde onde restan  dous quilómetros ata chegar ao destino, a Capela de San Antoíño ou San Antolín. A fervenza está formada por múltiples pequenos saltos de auga que percorren ao pé da igrexa -e nalgún tempo cruzaba polo medio do antigo mosteiro-. O recurso natural é ben apreciable desde as inmediacións da igrexa pero tamén se  pode acceder á parte posterior extremando precaucións. Tamén se coñece como Río da Toca, inda que o nome oficial é Río Pequeño, sendo afluente do Río Furelos, que desemboca posteriormente no Río Ulla.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba