FERVENZA DE CHENLO

Fervenzas
403
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Chenlo (San Xoán)

O Porriño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 30.8" N - 8º 40' 25.7" W

Descrición

Colleremos a estrada que vai de Porriño a Gondomar e desviarémonos cara a Mosende e Tui. Na entrada de Mosende hai unha desviación a Chenlo e, ao chegar a Canadelo, tomaremos o cruzamento á igrexa. A fervenza está á dereita da estrada cando cruza o río. A fervenza de Chenlo ou de San Xoan atópase no rego de Chenlo, un pequeno regato que nace na Serra do Galiñeiro que suma as súas augas ao regato de Penedo, que desemboca no río Louro. Este desemboca finalmente no río Miño. Crea unha fervenza duns 20 metros xusto á beira da estrada. 

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba