Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME DE NOGUEIROSA&body=Recoméndoche que leas a información CAPELA DA NOSA SEÑORA DO CARME DE NOGUEIROSA extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23389/capela-da-nosa-senora-do-carme-de-nogueirosa?ctre=31%26langId=gl_ES%26tp=8
Parroquia: Nogueirosa (San Cosme)
Lugar: O Ameneiral
15609 Pontedeume - A Coruña
Capela de estilo barroco, construída no século XVIII. Presenta unha planta rectangular onde se desenvolve unha soa nave. O espazo entre o presbiterio e a nave áchase diferenciado por un arco triunfal. Os elementos decorativos son moi escasos. Exteriormente, a fachada principal concentra toda a decoración, superpoñéndose unha porta rectangular e un pequeno oco. A cornixa semicircular interrómpese no medio para servir de base á espadaña dun só corpo.
Os seus muros son de carga, realizados en cachotería, con excepción de esquinais, ocos e fachada principal, que presentan pezas regulares de granito. A cuberta a varias augas, con cubrición de tella curva.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.