IGREXA PARROQUIAL DE SAN XULIÁN DE NEGREIRA

Relixioso
1730
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Barcala 21

15830  Negreira - A Coruña

Coordenadas:
42º 54' 16.9" N - 8º 44' 34.9" W

Descrición

Construída no s. XVIII. Ten unha nave de planta que parece de cruz grega pero a Capela Maior supera en lonxitude aos outros tres brazos. Muros de cachotaría granítica e a cuberta a dúas e tres augas con tellado de tella. A fachada, de cadeirado granítico, ten unha fornela con imaxe pétrea, unha pequena ventá, dous acróteros balaustrados rematando as esquinas e unha cornixa. Sancristía pegada ao muro do lado do Evanxeo. Torre, de base cuadrangular, sobre a que se levanta o corpo das campás, continúa cun corpo macizo octogonal e un cupulín, cun remate balaustrado en bóla e cruz que a cierra.
Ten tres retablos e varias imaxes, que non están na Igrexa de forma permanente porque se trasladan á Capela de San Mauro con motivo de novenas ou devocións.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba