Segredos do Xurés

Descobre a historia, a natureza e os segredos que esconde o Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés con este paquete de actividades con prazas limitadas e da man de guías locais especialista no Xurés.
IVE
Transporte
Seguro de viaxe

Entra na natureza única da reserva da biosfera transfronteiriza Xurés - Gerês no sur de Galicia.

Desde o bosque: con este roteiro de sendeirismo guiado en grupo pequeno e da man de guías profesionais de natureza e montaña que viven todo o ano no Xurés.

Desde a auga: cun roteiro en eco-barco para coñecer as paisaxes únicas desde outra perspectiva, incluíndo guía e patrón.

Programa Completo

Roteiro de sendeirismo no municipio de Muíños.

Nunha contorna de bosque á beira do río e con antigos muíños de auga, poderás coñecer a biodiversidade e curiosidades etnográficas e naturais do Parque Natural, como por qué o concello de Muíños se chama «muíños».

Guía profesional local de historia e natureza

Da man de Cristina, Marta, Ana ou Jesús (todos eles guías profesionais de natureza e montaña que viven todo o ano no Xurés), descubrirás secretos e curiosidades do Parque Natural.

Roteiro en barco guiado

Explora desde a auga os bosques e paisaxes que rodean o encoro de As Cunchas, desde Muíños. Navegarás cunha guía experta que te achegará ás ruínas romanas do Aquis Querquennis, as lendas e a historia do encoro, todo desde a auga.

Condicións específicas


Servizos incluídos

Inclúe:

  • Guía profesional especializada na natureza e historia do Xurés, 100% local
  • Materiales de apoio para poder realizar a actividade
  • Reserva no ecobarco, con patrón profesional
  • A coordinación de horarios para que poidas aproveitar a túa fin de semana ao máximo.
  • Cotas moi limitadas e pequenos (máximo 15 persoas por grupo).
  • Coa posibilidade de reservalo só para *tí e a túa familia e amigos.

Opcional:    Aloxamento (engádeo ao reservar)  e/ou Seguro de cancelación

Servizos non incluídos

Calquera cousa non indicada no apartado «Inclúe»

Servizos non incluídos

Calquera cousa non indicada no apartado «Inclúe»
Arriba