Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O Programa componse, principalmente, de prioridades e obxectivos específicos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de realización e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.
Actuacións implementadas pola Axencia de Turismo de Galicia cofinanciadas polo Programa Galicia FEDER 2021-2027
A Axencia Turismo de Galicia executa as seguintes 4 liñas de actuación dentro do [Programa Galicia FEDER 2021-2027]
Fomento da eficiencia enerxética e da descarbonización das actividades económicas especialmente as empresas e PEME.
O obxectivo da acción proposta é o fomento da eficiencia enerxética en todos os sectores económicos mediante o apoio a unha gama o máis amplía e flexible posible de actuacións. Tamén se apoiará a implantación de medidas de contabilización, monitorización e tee xestión do consumo de enerxía asociado aos proxectos de aforro promovidos así como a realización de auditorías enerxéticas e a implantación de sistemas de xestión enerxética con esta mesma finalidade.
Fortalecemento do Camiño de Santiago.
Esta acción se centra en la ejecución de intervenciones a lo largo del trazado del Camino de Santiago en territorio gallego de mejora en las infraestructuras turísticas del Camino e implantación de métodos de seguridad en el Camino para su correcta adecuación a los estándares actuales de accesibilidad, respeto al medio ambiente y seguridad viaria.
Axudas ao desenvolvemento de Plans de Sustentabilidade Turística en zonas non urbanas. .
Esta acción consistirá en proporcionar axudas ás entidades locais de núcleos non urbanos para o desenvolvemento dos Plans de Sustentabilidade Turística, cuio obxectivo é xerar unha oferta turística que integre a sustentabilidade ambiental, socioeconómica e territorial, desenvolvendo estratexias de resiliencia fronte aos novos retos do ecosistema turístico, desde o cambio climático, ata a sobredemanda turística, a estacionalidade ou as crises sanitarias e de seguridade.
Promoción do destino turístico Galicia.
Impulsaranse campañas de promoción turística focalizadas tanto nos destinatarios como nos países de afectación que permitan a atracción de visitantes ás zonas non urbanas da rexión con obxecto de favorecer unha desestacionalización da actividade turística, xerar novas actividades económicas que contribúan á fixación e mantemento da poboación nas zonas non urbanas de Galicia, e fomentar un crecemento económico ordenado en todo o territorio.
De conformidade co artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, no seu apartado 1.a), A Axencia Turismo de Galicia recoñecerá a axuda dos Fondos Feder no seu sitio web oficial. En cumprimento do citado regulamento, detállanse as distintas operacións desenvolvidas por esta Axencia. |
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.