O nome de talasoterapia provén do grego thálassa, que significa mar, e therapeia, curación. A diferenza dos balnearios, que utilizan augas mineromedicinais, os centros de talasoterapia sérvense con fins preventivos ou terapéuticos da auga mariña e outros elementos da súa contorna coma algas, limos, lodos e ata o aire mariño, motivo polo que teñen que estar inevitablemente preto da costa.