En Oia somerxerémonos nas augas mariñas do seu talaso e beneficiarémonos dos seus tratamentos con algas, barros e sales. Logo avegaremos rumbo ás Illas Cíes, un paraíso natural de gran valor ecolóxico, onde nos bañaremos nunha das mellores praias do mundo.

Unha escapada a Oia permite gozar do Atlántico en todas as súas vertentes. A máis saudable, beneficiándose das súas augas nas instalacións dun balneario mariño. A máis excitante, surcando o océano ata as costas das islas Cíes, un paraíso natural onde admirar a beleza das súas paisaxes e tomar conciencia do seu gran valor ecolóxico no Parque Nacional das Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Máis información...
- Talaso Atlántico. www.talasoatlantico.com
- Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. www.iatlanticas.es
- Mosteiro de Santa María de Oia. www.monasteriodeoia.com

Día 1º

As augas do Atlántico, concentradas nun talaso

Por unha pintoresca estrada costeira chégase ao concello de Oia, na comarca do Baixo Miño. É o que vos suxerimos para experimentar os efectos das recoñecidas propiedades mineiromedicinais da auga mariña do Atlántico e das súas algas, limos, sales e lodos; aplicados en tratamentos de saúde, de estética e de relax.

A brisa do mar en Cabo Silleiro
Recomendámosvos chegar a primeira hora da tarde a esta zona limítrofe entre o concello de Oia e o de Baiona. Así teredes a oportunidade de entrar en contacto coa espectacular paisaxe desta costa aberta ao océano, que vos impresionará. Podedes facelo dende o miradoiro do faro do Cabo Silleiro. Cóllese unha estrada que parte de Baiona cara á Guarda e, a uns cinco quilómetros, un desvío á esquerda permítenos subir ata o mesmo faro. É unha situación privilexiada para contemplar como as ondas golpean esta rochosa costa e divisar a vila de Baiona, as illas Cíes e,mirando ao lonxe, Cabo Home.

O faro de Cabo Silleiro, vestido das características raias vermellas e brancas, atópase a 85 metros sobre o nivel do mar. Inaugurouse en 1924 para substituír ao antigo de 1866 e hoxe é un dos principais puntos de orientación para os navíos que sucan estas augas. A súa lámpada de 3.000 w vese a 40 millas cando o tempo está despexado. Máis arriba acharedes antigas baterías de artillería e os restos do cuartel militar, que servían de defensa deste tramo da costa.

Augas mariñas a 34 graos, algas, barros e sales minerais
O resto da tarde podemos gozar nas instalacións termais do talaso. A súa piscina de auga de mar quentada a 34 graos ten diferentes sistemas de hidroterapia, orientados a proporcionar un estado de relax e benestar seguindo un circuíto mariño. Outra opción é experimentar as propiedades das algas, os barros ou os sales en forma de tratamentos remineralizantes, hidratantes, antioxidantes ou antiestrés.

Para cear, polbo, nécoras, vieiras ou ourizo de mar
Á hora da cea podedes considerar quedarvos no restaurante do hotel-talaso ou elixir outro da zona. Nas dúas marxes da estrada costeira que atravesa todas as poboacións de Oia abundan os restaurantes que inclúen nas súas cartas os produtos destas costas, en especial o polbo, a nécora, a vieira e o ourizo de mar, nas súas distintas preparacións. Á hora de elixir o viño tede en conta que estamos preto da zona do O Rosal, que pertece a Denominación de Orixe Rías Baixas.

Día 2º

En veleiro ás Illas Cíes

Embarcamos no peirao de Bouzas, en Vigo
Se a véspera coñecemos a faceta máis terapéutica e relaxante relacionada co mar, animámosvos agora a poñer un contra punto de aventura. Así que, tralo almorzo, propoñémosvos que embarquedes nun veleiro para achegarnos ao arquipélago das illas Cíes, que pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

Existen varias empresas de chárter náutico que organizan este tipo de saídas ao mar dende o peirao de Bouzas, en Vigo. Ata alí debemos desprazarnos para embarcar a media mañá. Tanto se somos navegantes experimentados como se é o noso bautizo de mar, podemos vivir a excitante sensación de gobernar nós mesmos a embarcación durante a travesía, baixo a supervisión e as indicacións da tripulación.

Zona de Especial Protección para as Aves
O archipiélago das Cíes comeza ao sur polo illote de Boeiro e a illa de San Martiño, coñecida tamén como Illa Sur, cuxo perfil bordeamos primeiro. Iremos observando dende o mar a súa orografía montañosa e as súas distintas caras. Apreciaremos suave e areosa a que mira á ría; mentres que a occidental, enfrontada a mar aberto, atoparémola abrupta, con fortes pendentes que acaban en cantís.

Durante a travesía avistaremos aves, como a gaivota patiamarela, que conta nas Cíes cunha das colonias máis numerosas do mundo. Non en van, o arquipélago está declarado como Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA).

O diario británico “The Guardian”
calificou la playa de Rodas como
unha das mellores do mundo

Despois poremos rumbo ás illas do Monte Faro (illa do Medio) e Monte Agudo (illa Norte), ambas unidas pola gran lingua de area que é a praia de Rodas, onde fondeará a embarcación para visitar a illa. Podedes aproveitar para pasear pola súa clara e suave area e mollar os pés nas augas cor turquesa ou mesmo darvos un baño se o tempo o permite. O lugar, coroado de pequenas dunas, é paradisíaco. Ao outro lado do areal atopamos unha lagoa de augas cristalinas. No ano 2007 o diario británico The Guardian cualificou esta praia como unha das mellores do mundo.

Á hora de xantar regresaremos ao veleiro a polo noso pícnic. Tras descansar podemos facer un tramo da senda coñecida como “Ruta del Monte Faro”. O seu percorrido parte da caseta de información e en pouco tempo condúcenos á Illa do Medio, a través do dique que une as dúas illas. Esta ruta permítenos coñecer puntos emblemáticos. O primeiro será a lagoa, onde poderemos observar peixes, crustáceos e algas, que constitúen unha mostra dos ricos ecosistemas acuáticos deste contorno.

Centos de gaivotas patiamarelas
A continuación poderemos visitar o Centro de Interpretación da Natureza para coñecer mellor os valores naturais e culturais do Parque. Ao final do ascenso atópase un observatorio de aves, dende o que contemplaremos centos de gaivotas patiamarelas nos cantís onde aniñan. Con sorte tamén se poden ver grupos de corvos mariños moñudos, que escollen as zonas máis próximas ao mar para facer o seu niño. Dende aquí hai unhas vistas magníficas da lagoa e da Praia de Rodas. Trala ruta volvemos embarcar no veleiro, sucamos as augas cara ao interior da ría ata atracar no peirao de Bouzas.

Se antes de regresar ao hotel decidides quedarvos a cear en Vigo Vigo, aconsellámosvos ir ao mercado de A Pedra. Alí, as famosas ostreiras da Rúa Pescadería, con décadas de oficio nas súas mans, abriranvos con mestría o fresquísimo bivalvo, que podedes degustar cun albariño da Denominación de Orixe Rías Baixas..

Día 3º

Un tratamento no talaso e visita ao Mosteiro de Santa María

Despois do almorzo, un último tratamento nas instalacións termais do talaso ou un baño na piscina lúdico-terapéutica con auga de mar pode ser un magnífico plan para a despedida.

E se despois aínda vos queda tempo, aconsellámosvos unha visita ao edificio máis emblemático do concello de Oia, o mosterio de Santa María,do século XII, onde chegaremos facilmente seguindo a estrada costeira. Atoparemos esta xoia cisterciense, declarada Monumento Histórico Artístico, fronte ao mar, coa súa fachada barroca vixiando o Atlántico ou dando a cara aos embates das súas ondas, cando o tempo está máis revolto.

Arriba
Axúdanos a mellorar!