CRUCEIRO DE LOUREDA

Etnográfico
2
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Loureda (San Pedro)

Lugar: A Eirexe

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 00.4" N - 8º 25' 05.3" W

Descrición

Cruceiro sobre catro gradas de sección cadrada, con base prismática e fuste de sección cadrada en inicio e final, e octogonal no resto.Capitel cuadrangular con volutas, follas de acanto e querubíns. Cruz cuadrangular coas imaxes de Cristo crucificado, e no reverso, a Virxe en actitude orante.

Acceso

Dende a estrada AC-960 no lugar de Rodiño cóllese a estrada á man esquerda que pasa pola parroquia de Lamas e Vigo ata chegar a Loureda. Collendo unha estrada de novo á esquerda sóbese ata a igrexa, no entorno da cal se sitúa o cruceiro.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba