SAN SALVADOR DE LOURENZÁ

Relixioso
5427
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Lourenzá (Santa María)

Lugar: Vilanova

Praza do Conde Santo

27760  Lourenzá - Lugo

Coordenadas:
43º 28' 15.9" N - 7º 17' 51.9" W

Descrición

Mosteiro benedictino fundado polo Conde Santo (Osorio Gutiérrez) no s.X, da data do cal tan só restan dúas pedras: unha arca do s. IX e unha lápida sepulcral do s. XII, pois a actual construción data dos ss. XVII-XVIII, de autoría de Fray Benito Escobar e Casás e Novoa. Construído en cadeirado de granito e cuberto con lousa, consta de dúas plantas. O conxunto da edificación consta da igrexa monasterial e parroquial, capela de Valdeflores, capela da Virxe de Valbanera, dous claustros, cámara abacial e portería, convento, patio do Conde Santo (tamén coñecido como patio do Pozo Santo) e Museo de Arte Sacro. O máis impresionante da obra é a fachada barroca da igrexa formulada a xeito de retablo de pedra flanqueado por dúas torres, a unha incompleta. Esta fachada considérase precedente arquitectónico da fachada do Obradoiro de la Catedral de Santiago. No interior destacan o sepulcro do Conde Santo na Capela de Valdeflores, así como un dos relicarios máis espectaculares da arte galega. Ás augas do "Pozo Santo" atribuíanselle poderes curativos.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Fitos do Camiño

O mosteiro foi fundado no século X por Osorio Gutiérrez, o conde santo, que logo da súa morte foi enterrado no seu templo, nun sartego de mármore paleocristián do século VI orixinario de  Aquitania. O sartego pode verse na capela de  Valdeflores (século  XVIII) da igrexa  mosteiral.

Dos primeiros séculos da historia deste cenobio consérvanse unha arca do IX e unha lauda do XII. Nesta última centuria pásase dunha congregación familiar a depender da Orde beneditina e, a principios do XVI, queda baixo a influencia de San Benito de Valladolid. No XIX, coa Desamortización, iníciase a decadencia, ata que entre 1910 e 1942 se recobra a vida monástica coa chegada de monxes dependentes de Samos. Disgregada esta comunidade, e tras un tempo como Seminario Menor Diocesano, dependente do bispado de Mondoñedo, faise cargo do edificio o Concello, que sitúa nel a súa sede.

O carácter medieval da construción pérdese coas remodelacións dos séculos XVII e XVIII. É precisamente no segundo terzo do XVIII cando se finaliza a fachada barroca da igrexa do mosteiro polo arquitecto Fernando de Casas Novoa, considerada precedente da fachada do Obradoiro da catedral de Santiago.

Desde os anos 60 do século XX a edificación alberga tamén un interesante Museo de Arte Sacra.

En 1974 o conxunto é declarado Monumento Histórico Artístico.

Estilos

Barroco
Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa
Benedictinos

Declaración

Ben de Interese Cultural

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

Arriba
Axúdanos a mellorar!