CAPELA DE SAN SALVADOR OU DO CIPRÉS

Relixioso
393
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Samos (Santa Xertrude)

Lugar: Samos

Rúa do Salvador s/n

27620  Samos - Lugo

Coordenadas:
42º 43' 58.9" N - 7º 19' 29.9" W

Descrición

Capela de estilo Prerrománico levantada entre os séculos IX e X. Consta de dous corpos de planta lixeiramente trapezoidal: nave e cabeceira. Está construída en cachotería de lousa, con cuberta a dúas augas tamén de lousa. Dispón dunha única porta no muro sur, da que destaca o arco de ferradura realizado con laxas de lousa en posición de doelas, e de dúas pequenas ventás, unha na fachada principal de dobre arco e columna intermedia da que desapareceu a columna do parteluz, e outra na posterior. No interior, destaca o arco triunfal elíptico con lixeira tendencia á ferradura, e destacan as pinturas murais ao fresco, de influencia astur. 

Acceso

Está na capital municipal.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Arriba