Eurorrexión 2020 é un proxecto desenvolvido entre o Eixo Atlántico do Noroeste peninsular e Turismo de Galicia e financiado polo programa europeo POCTEP 2007-2013 que ten por obxectivo mellorar a competitividade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal nos seus sectores estratéxicos de actividade para orientala cara un crecemento intelixente, sostible e integrador, que posibilite a saída da actual crise económica.

Eurorrexión 2020

O proxecto Eurorrexión 2020 nace cos seguintes obxectivos:

  • Identificar os sectores económicos estratéxicos e implicalos nunha estratexia de crecemento integrada.
  • Favorecer a cooperación entre as universidades, os centros creadores de opinión, o sector público e a poboación cara a o obxectivo común de crecemento.
  • Establecer os mecanismos de coordinación entre entidades locais.
  • Fomentar as iniciativas culturais e medioambientais transfronteirizas.
  • Fomentar unha promoción conxunta como destino turístico: aumentar o atractivo turístico transfronteirizo e o fluxo do turismo interno, ademáis de mellorar a estruturación da oferta turística eurorrexional.

Estes obxectivos pretenden acadarse mediante as seguintes actividades:

  • Actividades de competitividade sostible: Estudos para o fomento da competitividade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en materia de desenvolvemento sostible (eficiencia enerxética, xestión de lixos urbanos, xestión da auga, identificación e intercambio de boas prácticas e xeración de sinerxias entre municipios) así como cursos de formación para a sensibilización social en materia de competitividade sostible.
  • Actividades de competitividade innovadora: Estudos para o fomento da competitividade da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal en materia de desenvolvemento innovador, apertura dunha liña de asesoramento, xornadas de formación para administración locais e foros de intercambio e reflexión con todos os interesados a escala local.
  • Actividades de competitividade inclusiva no ámbito do deporte, a cultura e a educación mediante a celebración de torneos deportivos, a posta en marcha da Capital Cultural e Bienal de Pintura, Mostra Musical e seminarios de intercambio de experiencias.
  • Actividades de especialización intelixente: Procesos de identificación e desenvolvemento de estratexias territoriais para o desenvolvemento turístico conxunto e complementario, posta en marcha do Foro Turístico da Eurorrexion e da Feira Expocidades, accións de difusión a través dunha guía turística que desenvolva rutas turísticas temáticas existentes así como un programa de TV sobre turismo con difusión tanto en Galicia como no Norte de Portugal 

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

DOCUMENTOS RELACIONADOS...

LIGAZÓNS RELACIONADAS...

Arriba