Ten como obxectivo consolidar unha estratexia transfronteiriza común para o desenvolvemento coordinado da formación e investigación do sector do turismo termal e da auga na Euro-Rexión-Galicia-Norte de Portugal

Logo

A Euro-región Termal y del agua ten como obxectivo consolidar unha estratexia transfronteiriza común para o desenvolvemento coordinado da formación e investigación do sector do turismo termal e da auga na Euro-Rexión-Galicia-Norte de Portugal, como polo de referencia da oferta termal de alta calidade en Europa.

As actuacións que se pretenden levar a cabo, pódense resumir en:

  • Construción e posta en marcha do Centro de Formación Turístico-Termal e de Investigación da Auga Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal (con 2 sedes: Verín: Escola Hoteleira e Termal e en Chaves: Balneario-Escola e Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga)
  • Deseño, acondicionamento e promoción da Ruta Turístico Termal e da Auga da Euro-Rexión Tranfronteiriza Chaves-Verín.
  • Deseño das accións do Laboratorio de Investigacións Termais e da Auga.
  • Deseño dos Documentos Operativos da Escola Hoteleira Termal de Verín; e do Balneario - Escola e Laboratorio de Investigacións da Auga de Chaves.

No proxecto, ademais da Deputación de Ourense, que actúa en calidade de xefe de fila, participa a Secretaría Xeral para o Turismo (Xunta de Galicia) e o Concello de Verín, na parte galega. Por parte portuguesa, participan o Concello de Chaves, Turismo de Porto e Norte de Portugal, a Sociedade Portuguesa de Hidroloxía Médica e a Asociación de Termas de Portugal.

Arriba