Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) acordou a concesión dunha axuda ao proxecto ESTRATÉGIA PARA LA ESTRUCTURACIÓN, PROTECCIÓN Y PUESTA EN VALOR DE LAS RUTAS PORTUGUESAS DEL CAMINO DE SANTIAGO, EN LA EURORREGIÓN GALICIA – NORTE DE PORTUGAL (0585_FACENDO_CAMINHO_1_P). O proxecto remata o 31/12/2021.
A Axencia de Turismo participa como socio beneficiario no proxecto 0585_ FACENDO_ CAMINHO_1_ P COFINANCIADO NUN 75% POLO PROGRAMA INTERRREG VA ESPAÑA-PORTUGAL FEDER.
O partenariado do proxecto está formado polos seguintes socios:
Axencia de Turismo de Galicia
Turismo do Porto e Norte de Portugal (xefe de fila)
Direção Regional de Cultura do Norte
Agrupación Europeia de Cooperación Territorial Galicia-Norte
O obxectivo principal do proxecto é consolidar os roteiros do Camiño de Santiago na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (ERGNP) e impulsar o seu aproveitamento sustentable como recurso patrimonial cultural e natural transfronteirizo capaz de xerar actividades turísticas e económicas que contribúan ao desenvolvemento socioeconómico deste territorio. Contribuirá, ademais, a protexer e valorizar o patrimonio cultural e natural como soporte de base económica da Eurorrexión atendendo a un recurso concreto, o Camiño de Santiago, que presenta un gran potencial para o desenvolvemento socioeconómico deste territorio e cuxo carácter transnacional convérteo en aceno de identidade e obriga á cooperación para a súa ordenación, xestión, protección, conservación, valorización e promoción.
Os resultados que se pretenden co proxecto son:
Os principais beneficiarios destes resultados serán os organismos implicados na xestión dos Camiños de Santiago en Galicia e Portugal e a propia poboación local dos territorios por eles atravesados, por canto a ordenación da actividade redundará na mellora da súa calidade de vida, e o fomento no desenvolvemento socioeconómico do seu territorio.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.