Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
0293_GERÊS_XURÉS_MAIS_SUSTENTAVEL_1P está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal (POCTEP) 2021-2027 e céntrase na Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gêres-Xurés. Recoñecida pola UNESCO en 2009, que constitúe o único espazo natural protexido de carácter transnacional da Eurorrexión España-Portugal.
Este proxecto xorde coa vontade de dar continuidade aos traballos realizados no proxecto Gêres Xurés Dinámico que se desenvolveu entre os anos 2016 e 2019 e centrouse en fortalecer a entidade e a identidade da Reserva a través de medidas como a posta en marcha de talleres de capacitación, a implementación de sistemas de control de visitantes e de puntos de información virtual; así como doutras accións, como a promoción de produto turístico baseado no patrimonio (megalitismo).
GERÊS_XURÉS_MAIS_SUSTENTAVEL está a ser clave para reforzar sinerxias entre ambos territorios e posibilitar tamén seguir profundando nun modelo turístico sostible e diversificado, con atractivos en distintos lugares do noso territorio. O proxecto reúne ás administracións públicas con competencias na xestión do territorio da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (RBTGX), no seu aliñamento cos novos estándares de sostibilidade, actuando na recuperación e valorización do patrimonio material e inmaterial da RBTGX, mellorando os servizos turísticos e facendo máis eficiente o seguimento da sostibilidade do territorio, sen esquecer a formación dos residentes, o sector privado e os turistas para o turismo ecolóxico, para a economía circular e o emprendemento para as viaxes responsables.
Los socios beneficiarios de este proyecto son:
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.