Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O 11 de xuño de 2021, coa celebración do primeiro Comité de Pilotaxe, arrincou EXPLORATERRA, un proxecto que nace co obxectivo de preservar, valorizar e promover o patrimonio cultural vinculado á era das grandes expedicións marítimas xeográficas españolas e portuguesas, financiado con fondos FEDER a través do Programa INTERREG V A España Portugal (POCTEP) 2014-2020, cuxa execución se estenderá ata decembro de 2022.
O proxecto está liderado pola Fundación Nave Vitoria, e conta coa participación dos seguintes socios:
Todas estas institucións axuntarán esforzos para poñer en valor unha herdanza común ligada ás grandes exploracións marítimas protagonizadas por España e Portugal nos séculos XV ao XVII, que cambiaron o curso da historia e dotaron a estes territorios dun especial vínculo cultural, etnográfico e histórico ao redor delas, que chega ata os nosos días. Preténdese crear unha oferta cultural conxunta ao redor da Iª Circunnavegación e ás Expedicións Marítimas Xeográficas no Espazo de Cooperación Plurirregional: Andalucía, Algarve- Alentejo e Galicia.
Os obxectivos expostos consisten na recuperación da funcionalidade, adecuación e preservación de barcos históricos para usos culturais, a creación de innovadores equipamentos turísticos e a vertebración do patrimonio marítimo cultural nun produto e unha marca-destino común.
Actividades:
As actividades de recuperación e valorización do patrimonio, xunto coa creación de innovadores equipamentos e promoción, amplían e diversifican a actual oferta cultural e patrimonial dos territorios. Os seus beneficiarios, Administracións Rexionais e Locais, Pemes culturais e turísticas e a cidadanía veranse favorecidos pola incorporación destes novos activos e contidos culturais que contribuirán ao aumento do número de visitas e visitantes en ocupacións hostaleiras de cada destino.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.