Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
O proxecto EuroVelo3- Pilgrims route an innovative transnational combined cultural and cycling tourism (EV3-CCP)” é un proxecto financiado con fondos da Executive Agency for Small and Medium-sized Enterprises (EASME). Turismo de Galicia entrou a formar parte deste proxecto o 3 de abril de 2018.
O proxecto ten como obxectivo unir Trondheim, en Noruega, con Santiago de Compostela, a través dunha ruta ciclista de longa distancia coa finalidade de desenvolver e promover un produto turístico transnacional innovador e atractivo baseado na ruta e nos numerosos lugares que son patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Os seus obxectivos específicos son:
a) Fortalecer a cooperación transnacional en relación co patrimonio cultural europeo e o turismo ao longo da Ruta EV3- PR.
b) Sensibilizar sobre o patrimonio cultural europeo e aumentar o seu valor, atractivo e potencial para o desenvolvemento do sector turístico a través da promoción da Ruta EV3-PR, cun sitio web dedicado a esta.
c) Fomentar o desenvolvemento, a diversificación da oferta de produtos e servizos turísticos, mellorar a promoción de EV3-PR, e traballar con operadores turísticos para desenvolver paquetes turísticos relacionados coa ruta e o seu patrimonio cultural.
d) Mellorar a competitividade do produto turístico europeo mediante o uso de tecnoloxías para comunicar e promover a EV3-PR e, de vez, mellorar as experiencias das persoas que nos visitan durante as súas vacacións.
e) Crear alianzas público-privadas e asegurar a comunicación cruzada de coñecementos e experiencias entre os participantes ao longo da ruta EV3-PR e establecer un acordo de xestión a longo prazo para asegurar que os produtos sexan sustentables no tempo.
Este proxecto conta con oito entidades socias:
• Axencia Turismo de Galicia
• Pangea Educación y Deporte en la Naturaleza (Madrid)
• European Cyclist’s Federation (Bélxica)
• Rexión Ille de France (Francia)
• Provelo (Belxica)
• Cykelfrämjandet (Suecia)
• Vejle Municipality (Dinamarca)
• Jellin Mounds, Runic Stones adn Church (Dinamarca)
A vixencia deste programa é de dezaoito meses (de abril de 2018 a setembro de 2018).
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.