Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A Axencia Turismo de Galicia entrou a formar parte deste proxecto en maio de 2019. O Comité de Xestión do INTERREG V A España Portugal (POCTEP), financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), acordou a concesión dunha axuda FEDER ao proxecto RÍO MIÑO: UN DESTINO NAVEGABLE. O proxecto remata o 31/12/2021
PROXECTO MIÑO DESTINO NAVEGABLE
O obxectivo principal do proxecto é mellorar a navegabilidade do río Miño Internacional, poñer en marcha a xestión compartida do espazo Rede Natura 2000 do baixo Miño/Rio Minho e aproveitar a existencia dun patrimonio cultural e natural de alto interese turístico no val do Miño Internacional, asociado á especificidade da fronteira, convertendo ese potencial turístico nunha vantaxe competitiva fronte a outros destinos.
O partenariado do proxecto está formado polos seguintes socios:
O resultado que se pretende é situar o río Miño transfronteirizo, como un destino turístico de referencia, único e diferenciador, consecuencia da xestión sustentable e integrada do destino transfronteirizo e da diversidade cultural e natural do val do Miño. As actuacións van dirixidas á poboación transfronteiriza co fin de incrementar a diversificación da económía local e mellorar a calidade ambiental da súa contorna. O proxecto permitirá tamén aumentar a conexión entre a poboación e as zonas das ribeiras do río e os ecosistemas asociados e concienciar á poboación local da necesidade da súa conservación e valorización.
Este portal utiliza cookies propias de tipo técnico e de terceiros para mellorar, mediante a análise da navegación, o servizo ofrecido. As cookies non se utilizan para recoller datos persoais. Coñeza como as usamos e de que maneira pode cambiar a súa configuración
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.