Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
«Ti dis: Galicia é ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo...
Pode ela ser pequena en extensión; en fondura, en entidade é tan grande como queiras...»
Galicia ten unha extensión semellante á de Bélxica, Massachusetts (USA), República do Salvador, Taiwan ou Israel.
Achada no cabo Ortegal, unha pedra de anfibolita é a mostra da
rocha máis antiga da Península Ibérica.
Foi forxada no fondo do océano hai 1.156 millóns de anos.
Situada ao sur do mar Céltico, ao norte do espazo mediterráneo,
Galicia forxou unha cultura na encrucillada destes dous mundos.
Velaquí un antigo reino
atlántico onde vivimos preto de
tres millóns de galegos.
A maior parte dos galegos
vivimos ao pé do mar.
Entre as voltas e reviravoltas da costa barroca habita o 66% da poboación.
O Atlántico manda, porque
é do océano de onde veñen as choivas
que manteñen o país sempre verde,
a el van os mil ríos do país e
del vén o tempero que achega
a corrente do Golfo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.