Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Peregrinos no Camiño a Santiago.
A pé ou a cabalo, en coche ou en avión, a ruta segue viva.
Na historia, a intención da viaxe foi a visita á tumba de Santiago o Maior, un dos doce apóstolos de Cristo, que a tradición quere soterrado na capital de Galicia.
Pero o encontro das xentes de todo o continente fixo do Camiño un potente crixol cultural de Europa
Desde o século IX os peregrinos andan os camiños de Europa cara Compostela.
No século XII estímase que foron cincocentos mil, no último ano do século XX chegaron á cidade dez millóns de persoas.
Hoxe os motivos da peregrinación son diversos, desde os espirituais aos artísticos.
O Consello de Europa declarou o Camiño como Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987).
En datas sinaladas, un enorme incensario baila entre as bóvedas da basílica.
A Igrexa celebra o Ano Santo Compostelán cando o 25 de xullo, festa do Apóstolo, cadra en domingo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.