Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Foi a primeira, floreceu cen anos antes, a cidade de Santiago de Compostela xorde da forza dun mito, un santo galego que conquista a Europa Medieval.
Monumental, cabeza do reino, a situación e o peso da historia fixeron dela a capital de Galicia.
Porto de Roma na ruta de Britania, rocha atlántica, case illa, A Coruña navega desde sempre co pulo económico do mar.
Cidade administrativa, de mercadores e emprendedores, xorde aquí o "Fast-fashion-system" que hoxe rexe o mercado mundial da moda.
Esperta da Idade Media no século XVIII, na vila mariñeira de Ferrol os ilustrados trazan novas rúas coa forza da razón.
O Arsenal Real fai abrollar unha cidade industrial na ría máis protexida.
Todos os camiños levan a Lugo, á fraga sagrada na que Augusto puxo a capital romana dos galaicos.
A muralla imperial aínda cinxe as rúas que centran a actividade dos seus orgullosos horizontes agrarios.
As ninfas gardan o santuario termal. A vía romana salva o Miño pola ponte de pedra.
Na encrucillada xorde a vida. Episcopal e burguesa no medievo, capital provincial no século XIX, Ourense é hoxe a cidade que marca a moda galega e a industria agroalimentaria.
A antiga ponte romana dalle o seu nome. De aquí parten as naves rumbo aos portos da Europa, na foz do Lérez, mareantes e mercadores constrúen a Pontevedra medieval.
Administrativa, comercial, a cidade soubo cultivar o prodixio e a pedra florece aínda á sombra das camelias.
Os peixes todos saben o seu nome. Nos sete mares do mundo pescan mariñeiros embarcados en Vigo, a capital europea da pesca.
A iniciativa industrial fixo desta aldea galaico-romana a metrópole industrial do sur do país.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.