Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
Debuxos gravados nas rochas graníticas.
Hai 4.500 anos, as xentes da Idade do Bronce deixaron nos montes as súas mensaxes. Son un enigma sen paralelo na Península Ibérica
Os castros son as primeiras vilas e aldeas.
Moitos teñen desaparecido debaixo das actuais poboacións, pero outros mostran aínda as ruínas das súas casas circulares.
Son testemuño da cultura que se enfrontou a Roma.
Os torques son xoias de ouro para levar no pescozo.
Son o orgullo dos guerreiros dos castros, coma estas pezas conservadas no Museo de Lugo.
Foi un devanceiro daquel Bruto que matou a Cesar, o primeiro xeneral romano que chegou ao noso país. Naquel ano 137 antes de Cristo, os Galaicos, o primeiro pobo que presenta batalla, dálle o seu nome a toda a terra dos castros.
Pasados 400 anos, o emperador Caracalla crea a provincia de Gallaecia (Galicia).
A Muralla Romana de Lugo foi declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.
Son máis de 2 quilómetros de perímetro que cinxen o centro histórico da cidade desde finais do século III despois de Cristo.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.