Na metade da provincia de Ourense, unha discreta e pouco coñecida serra garda hábitats en excelente estado de conservación e un bosque singular: o bidueiral de Montederramo.
Camiño de Santiago
Natureza
Cultura e Patrimonio
Mar e Costa
Rutas
Gastronomía
Turismo de Saúde
Promocións para disfrutar agora
Axenda cultural
Vai pasar... Ver todos
A MIÑA VIAXE
Na metade da provincia de Ourense, unha discreta e pouco coñecida serra garda hábitats en excelente estado de conservación e un bosque singular: o bidueiral de Montederramo.
Contigua ao Macizo Central ourensán, a Serra de San Mamede non parece destacar no conxunto. Non obstante, é unha zona de montaña esgrevia e encerellada que acubilla moitos tesouros naturais.
Os seus importantes e ben conservados hábitats de matogueira limitan con bosques singulares (especialmente o b). Nas partes de menos altitude, completan a paisaxe mosaicos de campiña de gran valor natural e cultural con algunhas aldeas esparexidas.
De marzo a setembro
11 km, só ida
1 hora en coche, 2,5 horas en bicicleta ou 4 horas a pé (só ida).
Ningunha
Montederramo
Montederramo - Bidueiral de Montederramo
Puntos clave da ruta
De abril a setembro
13,4 Km
5 horas a pé, 2,5 horas en bicicleta
Media
Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio
Alto de Montederramo - Bidueiral de Montederramo
Puntos clave da ruta:
De abril a setembro
10 km, só ida
4 horas a pé, 1,5 horas en bicicleta (só ida)
Media
Chandrexa de Queixa, Laza, Montederramo
Río Queiza - Ferrería - Edreira
Puntos clave da ruta:
As aves forestais, como o azor común ou o abelleiro europeo, e as especies típicas do mato, como a gatafornela, son aínda comúns na serra. Outras como a aguia real son máis escasas, pero aínda visibles en determinadas zonas.
Estamos nunha zona de montaña, polo que non debemos emprender marchas a pé, especialmente ascensións, se non contamos cunha boa forma física e experiencia en terreos deste tipo. É importante consultar sempre a previsión meteorolóxica.
As estradas son estreitas e sinuosas, polo que requiren unha condución moi atenta. No outono e no inverno as condicións poden ser perigosas ou incluso facer impracticables algúns tramos.
Os bosques e outros hábitats son delicados, non habemos saír nunca dos itinerarios e carreiros marcados.
Nas excursións é habitual encontrar gando, posto que é o medio de vida de moitas persoas. Non debemos molestalo e habemos dar prioridade ao seu tránsito.
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.