CAPELA DE SANTA ISABEL

Relixioso
910
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Fins de Sales (San Fins)

Lugar: A Ferreira

15885  Vedra - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 03.8" N - 8º 29' 11.9" W

Descrición

Ao pé do río Pereiro, entre carballos, está o conxunto arquitectónico formado polo Santuario de Santa Isabel, a fonte milagrosa, o cruceiro e a ponte.
A ermida é de construción relativamente moderna, probablemente do s. XVIII, e foi restaurada recentemente. Consta dun corpo central de planta rectangular cunha pequena nave lateral pegada. Sobre a portada érguese unha espadana con dobre campá e remate triangular.

Acceso

Dende o concello colleremos  a DP-8203 á dereita (dirección Santiago) ata un cruce que colleremos cara a dereita por onde pon San Fins e Susana. Continuaremos ata o seguinte cruce onde apartaremos á dereita e onde atoparemos un indicador que pon Capela de Santa Isabel, Ferreira… seguiremos ata o seguinte cruce onde veremos de novo o indicador de Capela de Santa Isabel.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!